O CONCELLO DE CELANOVA BUSCA UN/HA CONDUTOR/A DE TRACTOR ROZADOIRA
Trátase dun concurso oposición
O concello de Celanova fai pública no BOP do 15 de marzo a convocatoria de proceso selectivo e aprobación das bases xerais e específicas para a contratación laboral temporal dunha persoa traballadora para a realización da obra/servizo relativo ao posto de chofer de tractor rozadoira. A alcaldía, por decreto do día 11 de marzo de 2022, aprobou as bases xerais e específicas para a contratación laboral temporal dunha persoa traballadora para a realización da obra/servizo relativo ao posto de chofer de tractor rozadoira, polo sistema de concurso-oposición. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro de entrada de documentos do concello de 9:00 a 13:00 horas ou ben, mediante o procedemento e lugares que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de cinco (5) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. As bases íntegras da convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello de Celanova na seguinte enderezo de URL: http://celanova.sedelectronica.es/info.0.

