Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CASTRO CALDELAS OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL

13 Mai 2016

Trátase dunha praza de condutor/a de tractor rozadora

O concello de Castro Caldelas por decreto da alcaldía n.º 063/2016, con data 6 de maio do 2016, aprobou as bases para a selección e posterior contratación dun traballador/a como condutor de máquina rozadora, baixo a modalidade de contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado cunha duración de cinco meses. O concello de Castro Caldelas abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos, que será de cinco (5) días hábiles computados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (13/05/2016). Os interesados poderán recoller as bases de selección nas oficinas municipais, en horario de 9.00 h a 14.00 h.

Volver