O CONCELLO DE CASTRO CALDELAS OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO
Son para pións/pioas de emerxencia do GES
O concello de Castro Caldelas fai pública no BOP do 26 de agosto a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para os seguintes postos de traballo:
1. Número e denominación das prazas: 5 pións/pioas de emerxencias (GES)
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por substitución, previsto na DA 4.ª do RDL 32/2021, en tanto se procede á cobertura das prazas de forma definitiva mediante a realización dos trámites previos necesarios. Xornada completa.
3. Sistema de selección: oposición.
4. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro do concello de Castro Caldelas ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
5. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://castrocaldelas.sedelectronica.gal