Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CASTRELO DO VAL TOMA MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS

15 Mar 2020

Faino mediante un comunicado da alcaldía

O concello de Castrelo do Val publica un comunicado debido á situación de contención da transmisión do coronavirus (COVID-19) e de acordo coas instrucións da Consellería de Sanidade para evitar o contaxio e propagación da infección, no que indica o seguinte:

  • PRIMEIRO: Suspéndense, ata novo aviso, as actividades de envellecemento activo, culturais, as dirixidas a nenos e nenas e deportivas programadas.

  • SEGUNDO: Péchanse ao público, ata novo aviso, todas as instalacións e dependencias municipais, agás a casa do concello. 

  • TERCEIRO: Polo que se refire á atención ao público no concello, prégase á veciñanza que acudan persoalmente só nos casos IMPRESCINDIBLES e OBRIGATORIOS e cando se trate de trámites improrrogables (certificados de nacemento, empadroamento, defunción e rexistro de entrada no concello).

Non se atenderán outros trámites non obrigatorios tales como consultas catastrais ou rexistros noutros administracións (cortas, queimas, etc).

Lémbrase que todas as persoas que conten cun enderezo electrónico poderán realizar os seus trámites

                       –  a través da sede electrónica https://castrelodoval.sedelectronica.gal/

                        –  por medio de enderezo electrónico a través da conta

                                                administración@castrelodoval.com

 

– ou chamando ao teléfono  do concello: 988 419 002

  • CUARTO: Lembre que é importante lavarse as mans con frecuencia e evitar espazos con moita afluencia de xente.

  • QUINTO: Poden obter INFORMACIÓN sobre o CORONAVIRUS, chamando ao teléfono gratuíto. 900 400 116

 O que se comunica e se fai público por interese xeral.

Volver