Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CASTRELO DO VAL OFERTA UN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL

10 Xun 2020

É para un/ha pión condutor/a de tractor rozadora e rozadora manual.

O BOP do 10 de xuño fai pública a convocatoria do concello de Castrelo do Val para a contratación laboral que se indica:  

1.- Número de prazas: unha

2.- Denominación: pión condutor/a de tractor rozadora e rozadora manual.

3.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.

4.- Xornada: 40 horas/semana (luns a venres)

5.- Sistema de selección: concurso de méritos e proba práctica.

6.- Duración do contrato: 3 meses.

7.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico xeral do concello (http://castrelodoval.sedelectronica.gal) ou de xeito presencial no rexistro municipal do concello de Castrelo do Val en horario de 9:00 h a 14:00 h.

8.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios da páxina web do concello: www.castrelodoval.gal

Volver