O CONCELLO DE CASTRELO DO VAL BUSCA UN/HA MONITOR/A DE TEMPO LIBRE
Ofrece un contrato de dous meses de duración
O concello de Castrelo do Val fai pública a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número de prazas: unha
2.- Denominación: monitor/a de tempo libre.
3.- Modalidade de contratación: contratación por obra ou servizo determinado, a tempo completo.
4.- Xornada: 40 horas/semana (luns a venres)
5.- Sistema de selección: concurso de méritos e proba teórica.
6.- Duración do contrato: 2 meses.
7.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico xeral do concello (http://castrelodoval.sedelectronica.gal) ou de xeito presencial no rexistro municipal do Concello de Castrelo do Val en horario de 9:00h a 14:00h.
8.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios da páxina web do concello: www.castrelodoval.gal

