O CONCELLO DE CASTRELO DO VAL BUSCA UN/HA CHÓFER/ESA
Traballará co tractor rozadora
A Xunta de Goberno Local do concello de Castrelo do Val mediante acordo do 25 de marzo do 2021, aprobou as bases ás que se axustará o proceso selectivo para seleccionar e contratar temporalmente un/unha chofer/esa de tractor rozadora e faino público no BOP do 25 de marzo. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do Concello de Castrelo do Val, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atoparán a disposición do público, o día da publicación deste edicto, na sede electrónica, na casa do concello e publicadas integramente na web: www.castrelodoval.gal

