Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO OFERTA UN POSTO DE ADMINISTRATIV@

31 Ago 2017

Trátase dunha oposición libre

O concello de Castrelo de Miño fai pública no BOP do 31 de agosto, mediante resolución da alcaldía do día 9 de agosto de 2017, a aprobación das novas bases e nova convocatoria para a selección, en réxime de interinidade, dun/dunha administrativ@ mediante o sistema de oposición libre para cubrir a vacante deste concello pola xubilación do seu titular.

O obxecto das bases e convocatoria é a urxente cobertura en réxime de interinidade dunha praza vacante de administrativo, polo sistema de oposición libre, ao teor do artigo 10.1.a) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico doempregado público (TRLEBE) e do artigo 23.2.a) da Lei 2/2015,do 29 de abril, do emprego público de Galicia ( LEPGA). A devandita praza do cadro de persoal do orzamento de 2017 está encadrada dentro do persoal funcionario de carreira na escala de administración xeral, subescala administrativo, grupo C, subgrupo C1, que quedou vacante pola xubilación do titular. Nesta convocatoria e dado o número de prazas que se convocan é imposible aplicar a cota de reserva de persoas con discapacidade que establece a disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei da función pública de Galicia. Sen prexuízo disto, as persoas con discapacidade deberán facer constar na solicitude esa condición, achegando acreditación dela en grao igual ou superior ao 33% para os efectos de que o concello. adopte as medidas precisas para establecer as adaptacións e axustes razoables de tempos e medios no proceso selectivo.
III. Funcións que se van desempeñar
En xeral, as propias da subescala administrativa consistentes en tarefas administrativas de trámite e colaboración (iniciar, redactar e tramitar expedientes, rexistrar, arquivar e controlar os expedientes da súa unidade...) ou calquera outra afín á categoría do posto e semellantes ás descritas que lle sexan encomendados polos superiores xerárquicos e resulten necesarias por razóns do servizo.
Con carácter particular, as seguintes:
- Contabilidade.
- Xestións administrativas de tesourería: seguimento de cobros e pagos, etc...
- Revisión mensual de nóminas, liquidacións e demais incidencias que afecten ás nóminas incluídos os boletíns de cotización á Seguridade Social.
- Confección de declaracións periódicas tributarias (IRPF e IVA).
- Tramitación de expedientes de liquidación de ingresos.
- Informar e atender ao público.

En todo caso, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria quedará obrigado a prestar os servizos na xornada de traballo única ou partida que acorde o concello.

PARA DESCARREGAR AS BASES ABRE O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver