O CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO
Son para pións/pioas de servizos múltiples e forestais
O concello de Castrelo de Miño fai público no BOP do sábado 1 de abril as seguintes convocatorias:
1.- Unha vez aprobadas as bases reguladoras da selección para a cobertura con carácter laboral temporal de dous/dúas pións/pioas de servizos múltiples, publícase resumida a convocatoria para xeral coñecemento:
1. Número e denominación do posto: dous postos de pións/pioas de servizos múltiples.
2. Modalidade de contratación: laboral temporal de duración determinada a xornada parcial.
3. Sistema de selección: concurso-oposición.
4. Bases da convocatoria: publicadas integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello: https://castrelo.sedelectronica.gal
5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes: cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Castrelo de Miño, en horario de 08:30 a 15:00 horas; na sede electrónica do Concello ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
2.- Unha vez aprobadas as bases reguladoras da selección para acobertura con carácter laboral temporal de dous/dúas pións/pioas forestais, publícase resumida a convocatoria para xeral coñecemento:
1. Número e denominación do posto: dous postos de pións/pioas forestais.
2. Modalidade de contratación: laboral temporal de duración determinada a xornada completa.
3. Sistema de selección: concurso-oposición.
4. da convocatoria: publicadas integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello: https://castrelo.sedelectronica.gal
5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes: cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Castrelo