O CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO BUSCA TRES PIÓNS
Ofertan contratos a xornada parcial
Convocatoria do concello de Castrelo de Miño publicada no BOP do 13 de abril para a contratación laboral temporal de tres pións de servizos múltiples mediante o sistema de concurso oposición. Unha vez aprobadas as bases reguladoras da selección para a cobertura con carácter laboral temporal de tres (3) pións de servizos múltiples, publícase resumida a convocatoria para xeral coñecemento:
1. Número e denominación do posto: tres (3) posto de pións de servizos múltiples.
2. Modalidade de contratación: laboral temporal de duración determinada a xornada parcial.
3. Sistema de selección: concurso-oposición.
4. Bases da convocatoria: publicadas integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello https://castrelo.sedelectronica.gal
5. Prazo e lugar de achega de solicitudes: cinco (5) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Castrelo de Miño, en horario de 08:30 a 14:30 horas; na sede electrónica do concello ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

