O CONCELLO DE CARTELLE OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Formarán a brigada contra incendios forestais
O concello de Cartelle fai pública no BOP a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e extinción de incendios 2020, (convenio de colaboración coa consellaría do Medio Rural e do Mar).
1. Número e denominación de postos: un/ha xefa/e de brigada, un/ha pión condutor/a e tres pións.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
3. Duración do contrato: 3 meses.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais.
6. Prazo de presentación de solicitudes: dende o seguinte á publicación deste edicto no BOP ata o día 10 de xullo de 2020.

