Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

01 Xun 2016

Tamén fan públicas as bases que rexerán as contratacións d@s sustitucións distes postos

O concello de Carballeda de Valdeorras publicou no BOP do 1 de xuño as bases que rexerán a selección para a contratación a tempo parcial, como persoal laboral temporal de duración determinada, dun/ha auxiliar de axuda a domicilio para cubrir as substitucións de axuda a domicilio (substitución por causa de IT, maternidade, vacacións e permisos), así como a necesidade de proceder a formular novas contratacións de auxiliares por incremento na prestación do servizo de axuda a domicilio. Estas bases teñen por obxecto regular a contratación laboral temporal a tempo parcial dun/ha traballador/a para cubrir as substitucións das traballadoras que actualmente prestan o servizo de axuda a domicilio (substitucións por causa de IT, maternidade, vacacións e permisos), así como a necesidade de proceder a formular novas contratacións de auxiliares por incremento na prestación do servizo de axuda a domicilio. A retribución mensual será a correspondente á traballadora – auxiliar - de axuda a domicilio que sexa obxecto de substitución. Actualmente, as retribucións que percibe cada unha das dúas traballadoras que prestan o servizo de axuda a domicilio son as seguintes: traballadora con prestación semanal do servizo de 23 horas, 40 minutos á semana, e unha retribución bruta de 579,05 € brutos/mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extras; traballadora con prestación semanal do servizo de 21 horas, 15 minutos á semana, e unha retribución bruta de 545,60 € brutos/mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extras 

Volver