Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA DE AUX ADMTIVO

07 Xun 2016

Trátase dun contrato laboral temporal

O concello de Carballeda de Valdeorras aprobou por resolución da alcaldía-presidencia, con data 2 de xuño de 2016, as bases que rexerán a selección para a contratación como persoal laboral temporal, de duración determinada, dun auxiliar administrativo, con duración do contrato de 3 meses, publícou, mediante o Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello, ao mesmo tempo que anuncia o prazo
de presentación de solicitudes e instancias.
“1ª.- Estas bases teñen por obxecto regular a contratación temporal, por ser necesaria para a prestación por este concello de servizos esenciais (dispoñer dos servizos administrativos necesarios para a prestación dos servizos propios da entidade), dun/ha auxiliar administrativo, a xornada completa, con duración do contrato de 3 meses para cubrir por causa das vacantes existentes en persoal, vacacións ao persoal administrativo en activo. A retribución mensual establecida será de 1.108,33 € brutos, incluída xa a parte proporcional de paga extra.  A selección realizarase mediante a avaliación dos seguintes méritos, e de conformidade coa puntuación que se indica:
a) - 1 punto por cada mes completo de prestación de servizos como auxiliar-administrativo contratado polo Concello de Carballeda de Valdeorras, ata un máximo de 6 puntos. - 0,25 puntos, por cada mes completo de prestación de servizos como auxiliar-administrativo calquera outra entidade local, distinta do Concello de Carballeda de Valdeorras, ata un máximo de 3 puntos.
b) Por estar en situación de paro, 1 punto.
c) Por coñecemento do municipio de Carballeda de Valdeorras, que se acreditará mediante certificado de empadroamento no municipio, con antigüidade superior a un ano, 1 punto.
3ª.- As instancias ou solicitudes nas que se solicite participar no proceso selectivo, dirixidas á alcaldesa, presentaranse, xunto coa documentación acreditativa dos méritos para valorar,de conformidade co previsto na base anterior, no rexistro do concello en horario de oficina, de 9.00 a 14.00 horas, dentro do prazo de tres días naturais a partir da publicación da convocatoria no BOP de Ourense. Se se presentan por calquera outro medio dos previstos no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común, deberase remitir a este concello mediante fax, con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, copia do rexistro de presentación da instancia no que conste a data e hora da súa presentación, achegando igualmente relación dos méritos alegados (relación de servizos prestados como auxiliar administrativo nesta ou en calquera outra entidade local) para a súa valoración segundo estas bases (n.º fax concello: 988 335 379); non se terán en conta as instancias remitidas que non acheguen a relación de méritos alegados que posibiliten a súa valoración ao día seguinte da finalización do prazo de presentación de instancias. En caso de empate, resolverase este a favor do candidato que acredite unha maior prestación de servizos como auxiliar administrativo neste concello.
4ª.- Os aspirantes farán constar na súa instancia que reúnen os requisitos previstos no artigo 56 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto do empregado público; e que están en posesión da titulación mínima de técnico medio en xestión administrativa ou titulación equivalente, e acreditación de coñecemento da lingua galega, de conformidade coa normativa vixente. Xunto coa instancia achegarase copia compulsada do DNI, ou documento que proceda no caso de ser estranxeiro, teléfono ou fax para efectuar as comunicacións que proceda.
5ª.- A lista de admitidos e excluídos será publicada no taboleiro de anuncios do concello ao día seguinte ao de finalización  de presentación de instancias.
6ª.- O tribunal cualificador será designado por resolución da Presidencia, e a súa composición será a determinada pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.
7ª.- O aspirante seleccionado deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos na base 4ª no día seguinte hábil ao da publicación no taboleiro de anuncios do concello da lista coa puntuación outorgada a cada aspirante e coa proposta do seleccionado.
8ª.- O contrato que se lle realizará á persoa seleccionada será de obra ou servizo determinado, e redactarase ao abeiro do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, e disposición adicional primeira da Lei 43/2006.”

Volver