Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS OFERTA DÚAS PRAZAS TEMPORAIS

14 Dec 2016

Son postos para un/ha traballador/a social e un/ha auxiliar de axuda a domicilio

O concello de Carballeda de Valdeorras fixo públicas no BOP do mércores 14 de decembro as bases que rexerán a selección para a contratación a tempo parcial como persoal laboral temporal de duración determinada dun/a auxiliar de axuda a domicilio para cubrir a actual situación de baixa por i.t. dun traballador, e outras posibles substitucións por maternidade, etc.; así como, no seu caso, a necesidade de proceder a formular novas contratacións de auxiliares por incremento da prestación do servizo de axuda a domicilio.

O prazo de presentación de solicitudes é de dous días hábiles

Do mesmo xeito, e no mesmo BOP fixo públicas tamén as bases que rexerán a selección dun/dunha traballador/a social como persoal laboral temporal.

O prazo de presentación de solicitudes é de tres días hábiles

Pra descarregar as bases dos procesos pica no pdf que está debaixo da fotografía

Volver