Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS OFERTA UN POSTO TEMPORAL

31 Out 2020

Trátase dun contrato a tempo parcial para auxiliar de axuda no fogar

O concello de Carballeda de Valdeorras fai públicas no BOP do 31 de outubro as bases que rexerán a selección para a contratación a tempo parcial como persoal laboral temporal de duración determinada dun/dunha auxiliar de axuda no fogar
1ª.- As presentes bases teñen por obxecto regular a contratación laboral temporal a tempo parcial dun/dunha traballador/a, na modalidade contractual de servizo determinado, por incremento de número de beneficiarios no servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia. O contrato iniciarase ao finalizar o proceso selectivo e a retribución mensual inicial será a seguinte: prestación semanal de 22 h á semana (establecido en función das novas altas dos usuarios do servizo de dependencia) cunha retribución bruta de 609,58 € brutos mensuais, que se corresponde coa base de cotización, xa incluída a parte proporcional das pagas extras e axudas de custo -plus de transporte, determinada de conformidade co prezo hora/hora aplicada actualmente ás traballadoras de axuda no fogar.
2ª.- As persoas que non resulten seleccionadas, pasarán a formar parte dunha bolsa de emprego, por estrita orde de puntuación, para cubrir posibles substitucións, etc., das traballadoras que actualmente prestan o servizo de axuda a domicilio, así como a necesidade, no seu caso, de formular novas contratacións por incremento nas necesidades do servizo, cuxa bolsa de emprego estará vixente durante o presente exercicio e no exercicio de 2021.
3ª.- A selección farase mediante a avaliación dos seguintes méritos, e de conformidade coa puntuación que se indica:
a) 0,3 puntos, ata un máximo de 2 puntos, por cada mes completo de prestación do servizo de axuda a domicilio en calquera das súas modalidades (básica ou dependencia). A prestación efectiva de servizos acreditarase achegando a documentación xustificativa dos servizos de axuda a domicilio prestados mediante contrato nunha entidade pública ou nunha entidade privada. (Xustificarase documentalmente o tempo de duración de prestación dos servizos de axuda a domicilio que se alegue para a súa valoración).
b) 1 punto por estar en situación de paro
c) 1 punto pola acreditación do coñecemento da lingua galega - Celga 1 ou equivalente.
d) 2 puntos por acreditar vinculación territorial e coñecemento da realidade física e social do municipio; acreditándose ambos os extremos, entre outros medios, mediante certificado de empadroamento neste municipio con anterioridade á data de inicio do prazo de presentación de solicitude.
e) Entrevista persoal polo órgano de selección, co fin de valorar a maior adecuación dos/as candidatos/as ao posto de traballo,valorando o coñecemento das funcións concretas para desenvolver; o coñecemento de organización e realidade socioeconómica deste municipio, experiencia e idoneidade do candidato/a para o posto de traballo ofertado; así como a adecuación dos solicitantes aos requisitos específicos que ha de cumprir o persoal para a prestación do servizo de axuda a domicilio, de conformidade co previsto na Orde de 29 de xaneiro de 2009; podéndose outorgar como resultado da entrevista unha puntuación máxima de 3 puntos.
f) En caso de empate, terá preferencia o/a candidato/a que obteña maior puntuación no apartado de acreditación da vinculación territorial e coñecemento da realidade física e social do municipio.
4ª.- As instancias ou solicitudes polo que se solicite participar no proceso selectivo, dirixidas á alcaldesa, presentaranse,
xunto coa documentación acreditativa dos méritos para valorar de conformidade co previsto na base anterior, no rexistro do concello, en horario de oficina, de 09.00 a 14.00 horas, dentro do prazo de tres días hábiles a partir da publicación da convocatoria no BOP de Ourense. Se, ao amparo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se presentaran no rexistro doutra administración pública ou en Correos, os solicitantes deberán comunicalo mediante fax (nº 988 335 379) ou correo electrónico á dirección "administración@concellocarballedavaldeorras.com", con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, achegando copia do rexistro de presentación da instancia no que conste a data e a hora da súa presentación e achegando igualmente relación dos méritos alegados para a súa valoración, segundo as presentes bases.
5ª.- Os aspirantes farán constar na súa instancia que reúnen os requisitos previstos no artigo 56 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico de emprego público. Xunto coa instancia achegarase copia compulsada do DNI, ou documento que proceda no caso de ser estranxeiro, así como correo electrónico, número de teléfono ou fax para efectuar as comunicacións que proceda.
6ª.- A lista de admitidos e excluídos será publicada no taboleiro de anuncios do concello ao día seguinte ao de finalización da presentación de instancias e, no seu momento, a lista coa puntuación outorgada a cada aspirante e a proposta de selección.
7ª.- O órgano de selección cualificador será designado por resolución da Presidencia.
8ª.- O aspirante seleccionado deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos na base 4ª no día seguinte hábil ao da publicación no taboleiro de anuncios do concello da lista coa puntuación outorgada a cada aspirante e coa proposta do seleccionado.
9ª.- O contrato que se lle realizará á persoa seleccionada será de obra ou servizo determinado e redactarase ao amparo do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro.

Volver