Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS BUSCA UN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL

10 Dec 2020

Publica as bases no BOP

O concello de Carballeda de Valdeorras fai públicas no BOP do 10 de decembro as bases de selección para a contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado para o ano 2021 dun/dunha traballador/a social a xornada completa para a prestación do servizo social  comunitario (básico e específico) na agrupación establecida no seu día para tal finalidade entre os concellos de Rubiá e Carballeda (correspondendo no exercicio 2021 a contratación do/a traballador/a social ao concello de Carballeda de Valdeorras)

1ª.- Estas bases teñen por obxecto a contratación temporal dun/dunha traballador/a social baixo a modalidade contractual de servizo determinado, a xornada completa, con duración do contrato desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2021, para realizar as tarefas propias da prestación do servizo social comunitario (básico e específico) na agrupación establecida no seu día para tal finalidade entre este concello e o concello deRubiá, nas que se estableceu que a contratación do/a traballador/a social se levase a cabo anual e rotativamente por cada un dos concellos agrupados. A súa xornada laboral repartirase a partes iguais entre ambos os dous concellos, traballando por días alternativos en cada un deles, sendo pola súa conta os gastos de desprazamento ata o centro de traballo correspondente. A retribución mensual será de 1.418,81 €, máis o incremento legal que para o persoal laboral ao servizo do sector público se estableza na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021.

2ª.- O sistema de selección será concurso de méritos; a selección farase mediante a avaliación dos seguintes méritos, e de conformidade coa puntuación que se indica:

a) Por cada mes completo de servizos prestados en calquera das entidades que de conformidade co disposto no art. 3.1 e 2 da Lei 7/1985, integran a Administración local, en igual posto de traballo que o que é obxecto da convocatoria, actualmente denominado servizos sociais comunitarios municipais, básicos e específicos (anteriormente servizos sociais comunitarios básicos ou de atención primaria), de conformidade co previsto na Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais, e no Decreto 99/2012, do 16 de marzo: 0,50 puntos/mes completo, ata un máximo de 20 puntos; valorándose coa mesma puntuación (0,50 puntos/mes completo) a acreditación de prestación de servizos sociais de base ou atención primaria nunha entidade local.

b) Por ter realizado actividades formativas cunha duración individual mínima de 20 horas, sobres as áreas de traballo de:

1.- Xestión do servizo de axuda a domicilio; infancia; mocidade; igualdade; muller; adiccións; xeriatría e voluntariado outorgarase 1 punto por curso realizado nas devanditas áreas de traballo.

2.- Sobre outras áreas que teñan relación co obxecto do posto de traballo: 0,10 puntos por curso realizado.

A valoración máxima do apartado b), será de 5 puntos.

c) Por acreditar o coñecemento da lingua galega outorgarase a seguinte puntuación:

- 0,10 puntos por estar en posesión do Celga 1.

- 0,20 puntos por estar en posesión do Celga 2.

- 0,50 puntos por estar en posesión do Celga 3.

- 1,00 punto por estar en posesión do Celga 4.

En caso de empate terá preferencia o/a candidato/a que acredite unha maior prestación de servizos no posto de traballo obxecto da convocatoria; é dicir prestación servizo social comunitario básico e específico (anteriormente denominado servizo social de base ou atención primaria), na agrupación establecida no seu día para a prestación dos servizos sociais de base entre este concello e o concello de Rubiá.

3ª.- As instancias nas que se solicite participar nas probas selectivas, dirixidas á alcaldesa presentaranse no Rexistro da Corporación en horas de oficina – de 9.00 a 14.00 horas -, durante o prazo de 7 días naturais a partir da publicación da convocatoria no BOP de Ourense. Se, ao amparo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se presentase a instancia no rexistro doutra administración pública ou na oficina de Correos, comunicarase a dita presentación a este concello mediante fax (nº 988 335 379) ou correo electrónico

(administracion@concellocarballedavaldeorras.com ) con anterioridade á expiración do prazo de presentación de solicitudes ou instancias; debendo remitir a este concello, mediante fax ao número indicado ou mediante correo electrónico á dirección indicada, copia do rexistro de entrada no que conste a data da presentación da instancia, achegando igualmente documento anexo no que se relacionen os méritos (tempo de servizos prestados no desempeño do posto de traballo de servizos sociais comunitarios nunha entidade local, e a relación da actividade formativa realizada con especificación do número de horas realizadas) que de conformidade coas bases se aleguen. Os/as aspirantes farán constar na súa instancia que reúnen os requisitos previstos no artigo 56 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba do Texto refundido do Estatuto do empregado público, e no art. 50 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego público en Galicia, e que están en posesión do título de diplomado ou grao en Traballo Social, ou en condicións de obtelo na data na que finalice o prazo de presentación de instancias. Xunto coa instancia, achegarase a seguinte documentación: copia compulsada do DNI ou documento que proceda no caso de ser estranxeiro, teléfono, correo electrónico ou nº: de fax para efectuar as comunicacións que procedan e relación detallada dos méritos que aleguen os interesados para a súa valoración de acordo co baremo previsto na base 2ª. Os méritos acreditaranse por medio de documentos orixinais ou fotocopias destes debidamente compulsadas. Non se valorarán os méritos que non estivesen suficientemente acreditados.

4ª.- A lista de admitidos e excluídos será publicada no taboleiro de anuncios do concello ao día seguinte ao de finalización de presentación de instancias ou, no seu caso, ao día seguinte de recibir as solicitudes que se presentaron en rexistro distinto ao desta Corporación; a documentación remitida ha de ter entrada neste concello con anterioridade á data que posibilite a súa valoración para a resolución do expediente e formalización do contrato con data límite do 28 de decembro de 2020.

5ª.- O órgano de selección será designado por resolución da Presidencia de conformidade co previsto no Estatuto básico do empregado público, facéndose público mediante publicación no taboleiro de edictos deste concello.

6ª.- O/A aspirante seleccionado/a deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos na base 3ª no prazo de 3 días naturais seguintes ao da publicación no taboleiro de anuncios do concello da lista coa puntuación outorgada a cada aspirante e coa proposta do seleccionado.

7ª.- O contrato que se realizará á persoa seleccionada é de obra ou servizo determinado con duración dun ano.

Volver