Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS BUSCA UN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O

05 Xan 2021

Trátase dun contrato de 11 meses

O concello de Carballeda de Valdeorras fai públicas no BOP do 5 de xaneiro as bases que rexerán a contratación ao amparo da subvención concedida a este concello dentro do Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade para o exercicio de 2021, dun/dunha auxiliar administrativo como persoal laboral temporal de duración determinada (con duración estimada de 11 meses)

1ª. Estas bases teñen por obxecto regular a contratación temporal dun/dunha auxiliar administrativo a xornada completa, cunha duración estimada de 11 meses, a partir de xaneiro de 2021, con cargo á subvención que lle corresponde percibir a este concello como consecuencia da adhesión ao Programa provincial de cooperación cos concellos e a Entidade Local Menor de Berán en materia de empregabilidade para o exercicio de 2021, cuxo acordo definitivo de aprobación se publicou no BOP do 16 de decembro de 2020. A retribución mensual establecida será de: 1.190,00 € brutos mensuais, incluída xa a parte proporcional de paga extra.

2ª.- O sistema de selección é o concurso de méritos; a selección realizarase mediante a avaliación dos seguintes méritos acreditados e de conformidade coa puntuación que se indica:

- Por cada mes completo de servizos prestados como auxiliar- administrativo neste concello ou en calquera outra entidade local das previstas no artigo 3.1 e 2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local outorgarase 0,5 puntos por cada mes completo, ata un máximo de 20 puntos.

- 1 punto por estar en situación de paro, inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego no posto de traballo de auxiliar administrativo. En caso de empate resolverase a favor do candidato/a que acredite unha maior prestación de servizos como auxiliar administrativo neste concello.

3ª- As instancias ou solicitudes asinadas polo solicitante para tomar parte no proceso de selección, que irán dirixidas á alcaldesa, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos e dos méritos para valorar presentaranse no rexistro do concello dentro do prazo de tres días hábiles a partir da publicación da convocatoria no BOP. A presentación de instancias ou solicitudes por calquera outro medio dos previstos na Lei de procedemento administrativo común das administracións públicas, comunicaráselle a este concello dentro do prazo de presentación de solicitudes mediante correo electrónico á dirección administracion@concellocarballedavaldeorras.com ,achegando copia do rexistro de entrada da instancia ou solicitude e documentación presentada. Xunto coa instancia achegarase copia do DNI ou documento acreditativo da personalidade no caso de ser estranxeiro, teléfono e dirección de correo electrónico para efectuar as comunicacións e notificacións que procedan.

4ª.- Para participar no proceso de selección, os/as aspirantes farán constar na súa instancia que reúnen os requisitos previstos no artigo 56 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o Estatuto básico do empregado público, que están en posesión da titulación mínima esixida de técnico medio en xestión administrativa, bacharelato ou titulación equivalente, e acreditación de dispoñer do nivel Celga 4 no coñecemento da lingua galega.

5ª. As listas de admitidos e excluídos publicaranse no taboleiro de anuncios do concello ao día seguinte ao de finalización de presentación de instancias.

6ª. O órgano de selección encargado da cualificación, de conformidade coas presentes bases, dos méritos achegados por cada un/unha dos/das solicitantes será designado por resolución da Presidencia, de conformidade co previsto no Estatuto básico do empregado público.

7ª. O/a aspirante seleccionado/a, se non presentase xunto coa instancia a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previstos no artigo 56 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o Estatuto básico do empregado público, presentaraa o día seguinte hábil ao de publicación no taboleiro de anuncios do concello das listas coa puntuación outorgada a cada aspirante e coa proposta do aspirante seleccionado/a.

8ª. O contrato que se lle realice á persoa seleccionada será por obra ou servizo determinado, con duración determinada

Volver