Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN PUBLICA A CONVOCATORIA PARA VINTE POSTOS DE TRABALLO

27 Mai 2016

Son postos de pións, condutor@s e auxiliares de axuda a domicilio

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 27 de maio a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía con data 24.05.2016 de doce prazas para pións de mantemento de espazos naturais, dous condutores de coche-bomba de incendios e seis auxiliares de axuda a domicilio. A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal a xornada completa para os peóns de mantemento de espazos naturais e para os condutores de coche-bomba, e media xornada para as auxiliares de axuda a domicilio. A duración do contrato vai ser de  catro meses para os pións de mantemento de espazos naturais, catro meses para os condutores de coche-bomba de incendios e seis meses para as auxiliares de axuda a domicilio. Para o sistema de selección elixiron o concurso de méritos. O lugar e prazo de presentación de  instancias é de 3 días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta, o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver