Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN OFERTA UNHA PRAZA DE PIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL

09 Xan 2020

É un contrato a xornada completa de seis meses de duración

O concello de Calvos de Randín fai pública a convocatoria para a contratación laboral dun/ha pión de Protección Civil, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 07.01.2020:
1º.- Número e denominación das prazas: unha de pión de Protección Civil.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º.- Duración do contrato: seis meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello, concello.calvosderandin@eidolocal.es, copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

Volver