O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO
Trátase dun contrato de tres meses a xornada parcial
O concello de Calvos de Randín fai pública a convocatoria para a contratación laboral de auxiliar de axuda a domicilio, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 20.12.2018:
1º.- Número e denominación das prazas: unha de auxiliar de axuda a domicilio.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a media xornada.
3º.- Duración do contrato: tres meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitiraa ao correo do concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia daquela o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

