Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN OFERTA UN POSTO DE TRABALLO DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

04 Set 2020

Trátase dun contrato a media xornada de tres meses de duración

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do venres 4 de setembro a convocatoria para a contratación laboral dun/dunha auxiliar de axuda a domicilio, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 26-08-2020:
1º.- Número e denominación das prazas: auxiliar de axuda a domicilio.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada parcial.
3º.- Duración do contrato: tres meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará o luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia dela o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

Volver