Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN OFERTA UN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

08 Xan 2021

Seleccionarán por medio de concurso de méritos

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do venres 8 de xaneiro a convocatoria para a contratación laboral dun/dunha auxiliar de axuda a domicilio, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 21-12-2020:
1º.- Número e denominación das prazas: auxiliar de axuda a domicilio.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada parcial.
3º.- Duración do contrato: tres meses.
4º.- Sistema de selección: Concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello ( concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamenteselada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver