Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN OFERTA SETE POSTOS DE TRABALLO

29 Xun 2020

Son contratos temporais a xornada completa e a xornada parcial

O concello de Calvos de Randín fai públicas no BOP do 29 de xuño as convocatorias para a contratación laboral dun/ha xefa/e de equipo de obra- capataz e seis auxiliares de axuda a domicilio (tres deles a xornada parcial), segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 08-06-2020:

1º.- Número e denominación das prazas: un xefe de equipo de obra-capataz, tres auxiliares de axuda a domicilio, e tres auxiliares de axuda a domicilio (xornada parcial)

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa e xornada parcial.

3º.- Duración do contrato: seis meses.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá o mesmo día da súa presentación unha copia desta ao correo deste concello  concello.calvosderandin@eidolocal.es, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver