O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN OFERTA DÚAS PRAZAS DE PIÓNS
Son para pións/pioas de obras e de condutor/a tractor rozadoira
O concello de Calvos de Randín fai públicas no BOP do 22 de marzo dúas resolucións ofertando postos de pións/pioas para obras e condutor/a de tractor rozadoira.
Son as seguintes:
Unha vez aprobadas, por resolución da alcaldía do 20/03/2023, a contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos, e as bases que rexerán a contratación de 1 pión/pioa condutor/a de tractor rozadoira e outros vehículos, publícase o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao concurso:
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: pión/pioa condutor/a de tractor rozadoira e outros vehículos.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
4. Xornada: completa.
5. Sistema de selección: concurso.
6. Duración do contrato: 3 meses.
7. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Calvos de Randín, situado na praza A Laborada, s/n, 32644 Calvos, Calvos de Randín, (Ourense), en horario de 9.00 a 14.30 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso é necesario notificalo mediante correo electrónico ao enderezo: concello.calvosderandin@eidolocal.es
8. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Calvos de Randín e na sede electrónica: http://www.calvosderandin.com/webjoomla/index.php/es/concello/noticias
Unha vez aprobadas, por resolución da alcaldía do 20/03/2023, a contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos, e as bases que rexerán a contratación de 1 peón/peoa de obras, publícase o resumo da convocatoria, para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: pión/pioa de obras.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
4. Xornada: completa.
5. Sistema de selección: concurso.
6. Duración do contrato: 3 meses.
7. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Calvos de Randín, situado praza A Laborada, s/n, 32644 Calvos, Calvos de Randín, (Ourense), en horario de 9.00 a 14.30 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; neste último caso, é necesario notificalo mediante correo electrónico ao correo concello.calvosderandin@eidolocal.es.
8. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Calvos de Randín e na sede electrónica: http://www.calvosderandin.com/webjoomla/index.php/es/concello/noticias
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.