Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDIN OFERTA DOUS CONTRATOS TEMPORAIS

07 Xul 2020

Son para pións de obras públicas

O concello de Calvos de Randín fai pública a convocatoria para a contratación laboral de dúas/dous pións de obras, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía con data 19-06-2020:
1º.- Número e denominación das prazas: dúas para pións de obras.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º.- Duración do contrato: cinco meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello  concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia dela o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver