O CONCELLO DE CALVOS DE RANDIN OFERTA 8 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Faino e dúas convocatorias
O concello de Calvos de Randín fai público no BOP do sábado 10 de xuño a convocatoria para a contratación laboral dun/dunha capataz/a, un/unha pión/peoa condutor/a e tres pións/pioas forestais, segundo as bases iaprobadas por Resolución da Alcaldía o 07/06/2023:
1.º Número e denominación das prazas: un/unha capataz/a, un/unha pión/pioa condutor/a e tres pións/pioas forestais.
2.º Modalidade de contratación: contrato temporal por circunstancias da produción.
3.º Xornada: completa.
4.º Duración do contrato: tres meses.
5.º Sistema de selección: concurso de méritos e proba práctica.
6.º Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello: (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia dela, o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
7.º Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.
O concello de Calvos de Randín fai público no BOP do sábado 10 de xuño a convocatoria para a contratación laboral tres condutores/as de motobomba, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía o 07/06/2023:
1.º Número e denominación das prazas: tres condutores/as de motobomba.
2.º Modalidade de contratación: contrato temporal por circunstancias da produción.
3.º Xornada: completa
4.º Duración do contrato: tres meses.
5.º Sistema de selección: concurso de méritos e proba práctica
6.º Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.