Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN BUSCA UN/HA XEF@ DE EQUIPA

15 Mai 2017

Oferta un contrato laboral a tempo completo

O concello de Calvos de Randín fixo pública a no BOP do 15 de maio a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 25.04.2017 pra un/unha praza de xef@ de equipa. A modalidade de contratación será un contrato laboral a xornada completa. A duración do contrato será de seis meses, e o sistema de selección por concurso de méritos. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no  BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá a o correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia da mesma o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial. A exposición do texto completo das bases de selección está publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

Volver