Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN BUSCA UNHA AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

25 Mar 2021

Tratase dun contrato laboral a xornada completa de seis meses de duración

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 25 de marzo a convocatoria para a contratación laboral dun/dunha auxiliar de axuda a domicilio, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 18-03-2021:
1º.- Número e denominación das prazas: auxiliar de axuda a domicilio.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º.- Duración do contrato: seis meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

Volver