Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDIN BUSCA UN AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

11 Abr 2022

Trátase dun contrato laboral temporal por substitución

O concello de Calvos de Randín fai público no BOP do 11 de abril que por resolución da Alcaldía do día 06/04/2022, aprobáronse a contratación e as bases que a rexerán, de 1 auxiliar de axuda no fogar en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos. Publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por substitución.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: ata que finalice o proceso de selección en curso para cubrir a praza en réxime laboral fixo.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Calvos de Randín, situado na praza A Laborada, s/n, 32644, Calvos de Randín (Ourense), en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; neste último caso, será necesario notificarllo ao concello mediante correo electrónico ao enderezo concello.calvosderandin@eidolocal.es.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Calvos de Randín e na sede electrónica http://www.calvosderandin.com/webjoomla/index. php/é/ concello/noticias Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.

Volver