Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN BUSCA UN AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

27 Xun 2022

É un contrato de tres meses de duración

O concello de Calvos de Randín publica no BOP do sábado 25 de xuño que, por resolución da alcaldía do día 21/06/2022, aprobáronse a contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos, e as bases que rexerán a contratación de 1 auxiliar de axuda no fogar.

Publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1. Número de prazas: 1.

2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.

3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por causas da produción.

4. Sistema de selección: concurso.

5. Duración do contrato: 3 meses.

6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Calvos de Randín, situado na praza A Laborada, s/n, 32644 Calvos, Calvos de Randín, (Ourense), en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso será necesario notificarllo ao concello mediante o correo electrónico: concello.calvosderandin@eidolocal.es

7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Calvos de Randín e na sede electrónica: http://www.calvosderandin.com/webjoomla/index.php/es/concello/noticias

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.

Volver