O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN BUSCA DÚAS/DOUS PIÓNS
Son contratos dun mes de duración
Convocatoria no concello de Calvos de Randín, publicada no BOP do 17 de xuño, para a contratación laboral de dous pións/pioas forestais segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía do día 15-06-2023:
1º. Número e denominación das prazas: dous pións/pioas forestais.
2º. Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º. Duración do contrato: un mes.
4º. Sistema de selección: concurso de méritos.
5º. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello: (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.