O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN BUSCA CATRO CHÓFERES MOTOBOMBA
Son contratos de tres meses de duración
O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP a convocatoria para a contratación laboral de catro choferes de motobomba, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía do 21/06/2021:
1.º Número e denominación das prazas: catro choferes de motobomba
2.º Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa
3.º Duración do contrato: tres meses
4.º Sistema de selección: concurso de méritos
5.º Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP. Se o último día for sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a solicitude noutro organismo oficial, remitirá unha copia ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es), o mesmo día en que a presente, debidamente selada polo organismo oficial.
6.º Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

