O CONCELLO DE BOBORÁS OFERTA UNHA PRAZA DE GUÍA TURÍSTICO
Trátase dun contrato laboral a tempo parcial
A xunta de goberno local do concello de Boborás, en sesión celebrada o día 04/05/2017, aprobou a convocatoria e bases que regularán o proceso selectivo, para a contratación do personal laboral temporal, a xornada parcial, dunha praza de Guía Turístico: (Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade). O prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo, será de 5 días hábiles, a contar desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no diario La Región /(10/05/2017). O lugar de presentación será no rexistro xeral do xoncello de Boborás, r/Cristóbal Colón s/n, en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres. Tamén poderán presentarse na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, neste caso os/as aspirantes deberán comunícalo mediante fax ao 988402108, durante o mesmo prazo que o da presentación das solicitudes.
Se queres descarregar as bases e anexos pica nos arquivos que están debaixo da fotografía.

