O CONCELLO DE BOBORAS OFERTA UNHA PRAZA DE AXENTE TIC
É unha praza laboral temporal a media xornada
Por acordo da xunta de goberno local, con data 01.02.2016, o concello de Boborás aprobou a convocatoria e as bases para a contratación laboral temporal, baixo a modalidade contractual de servizo determinado, a media xornada, dunha praza de axente TiC para aula CeMIT do Concello de Boborás. A denominación do posto é unha praza de axente TiC para a aula CeMIT do concello de Boborás, con modalidade de contratación por contrato laboral temporal, por servizo determinado a media xornada. (art. 15 Estatuto dos traballadores). O lugar e prazo de presentación de instancias será no rexistro xeral do xoncello de Boborás, no prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (20/2/17). Tamén poderán presentarse na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, neste caso, casos os/as aspirantes deberán comunicalo mediante fax ao 988 402 108, durante o mesmo prazo que o da presentación das instancias. A duración do contrato será deica o 31.12.2017, por ser esa a vixencia máxima do convenio e posteriores adendas entre vicepresidencia e consellería de presidencia, administracións públicas e xustiza a axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia e a federación galega de municipios e provincias, para o desenvolvemento do plan de inclusión dixital no eido da administración local. A titulación, e demais requisitos esixidos, xunto cos contidos figuran nas bases da convocatoria, que se poden consultar no taboleiro de edictos do concello e na páxina web municipal; www.boboras.org

