O CONCELLO DE BOBORAS OFERTA UNHA PRAZA DE ARQUITECTO TÉCNICO
Trátase dunha praza temporal a xornada parcial
O concello de Boborás por acordo da xunta de goberno local, de data 25/05/2017, aprobou a convocatoria e as bases de selección para a contratación en réxime laboral temporal, a xornada parcial dun/dunha arquitecto técnico.
O obxecto desta convocatoria é a selección, mediante concurso, en réxime laboral, dun/dunha arquitecto/a técnico/a, dentro do programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade correspondente ao exercicio 2017, regulado pola convocatoria da Deputación provincial de Ourense.
Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

