Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO

29 Mar 2021

Son pra 2 pións de servizos múltiples e 2 pións de medio ambiente.

O concello de Baños de Molgas fai público no BOP do 29 de marzo a convocatoria de selección de persoal laboral temporal de pións de servizos múltiples e pións de medio ambiente, para o ano 2021.

1. Número e denominación de postos: 2 pións de servizos múltiples e 2 pións de medio ambiente.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por tempo determinado a xornada completa.

3. Duración do contrato: 8 meses para os pións de servizos múltiples e 5 meses para os pións de medio ambiente.

4. Sistema de selección: concurso-oposición.

5. Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e na páxina web (https://www.concellodemolgas.es)

6. Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP.

Volver