O CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS OFERTA 8 POSTOS TEMPORAIS
Formarán a brigada contra incendios forestais
O concello de Baños de Molgas fai pública no BOP do 20 de maio a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios, así como dos condutores/as do vehículo motobomba para o ano 2021. (Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural).
1. Número e denominación de postos: 1 xefa/e de brigada, 1 pión condutor/a de brigada, 3 pións de brigada e 3 condutores/as de vehículo motobomba.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal de duración determinada a tempo completo.
3. Duración do contrato: 3 meses.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Bases das convocatorias: poderanse obter nas oficinas municipais e serán diferentes para a brigada e para o vehículo motobomba.
6. Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste edicto no BOP.

