Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BANDE PUBLICA AS BASES DUNHA BOLSA DE EMPREGO

08 Feb 2017

É para a formación da brigada de prevención de incendios forestais

O concello de Bande fixo público no BOP do mércores 8 de febreiro as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Bande e formación de brigada de prevención de incendios forestais. A xunta de goberno Local, na sesión realizada o día 13 de xaneiro de 2017, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Bande e da formación dunha brigada de prevención de incendios forestais. As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello de Bande www.concellobande.com, e entrarán en vigor ao día seguinte deste anuncio. A convocatoria para a presentación de solicitudes realizarase mediante anuncios no BOP, na páxina web do concello de Bande www.concellodebande.com e no taboleiro de edictos do concello de Bande.

Volver