Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BANDE OFERTA UNHA PRAZA DE INFORMATIC@

20 Mai 2017

É para a aula CeMit

O concello de Bande fai público no BOP do 20 de maio o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, para os servizos denominados “Informático da aula CeMit”. Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, publica o resumo da convocatoria para a xeral coñecemento e chamamento ao concurso. Trátase dun posto de informático/a da Aula CeMit, con modalidade de contratación por contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo parcial, cunha duración aproximada de seis meses. O sistema de selección é por concurso de méritos. O prazo de presentación de solicitudes é de 8 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (20/05/17). O lugar de presentación de solicitudes será no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que podes descarregar abrindo o pdf que está debaixo da fotografía.

Volver