O CONCELLO DE BANDE OFERTA POSTOS DE TRABALLO PARA O SEU OBRADOIRO DE EMPREGO
Son postos para docentes, persoal administrativo e director/a
O concello de Bande fai públicas no BOP do 28 de novembro as bases que regularán a convocatoria e a selección de persoal docente para o obradoiro de emprego Vía Nova do concello de Bande. Mediante decreto da alcaldía, con data 25 de novembro de 2020, aprobáronse as bases que rexerán a selección do persoal docente, do persoal de apoio administrativo e persoal de dirección do obradoiro de emprego Vía Nova do concello de Bande e acordouse realizar a convocatoria para a presentación de solicitudes.
As citadas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na sede electrónica do Concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal, e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazas: persoal docente, persoal de apoio administrativo e persoal de dirección.
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para obra/servizo determinado, coa duración de nove meses.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral do concello (de luns a venres de 08:30 horas a 14:00 horas) ou a través da sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal, así como tamén nos rexistros e oficinas establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas. Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódese consultar nas bases específicas da convocatoria, publicadas na sede electrónica do Concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal, ou persoalmente nas oficinas municipais (de luns a venres, en horario de 8:30 horas a 14:00 horas).

