O CONCELLO DE BANDE OFERTA DÚAS PRAZAS TEMPORAIS
Son para condutor@s motobomba
O concello de Bande, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal, publica o resumo da convocatoria para dous postos de condutor@s de vehículo motobomba para participar na defensa contra incendios forestais. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo, cunha duración de tres meses. O sistema de selección será por concurso de méritos. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (14/7/16), sendo o lugar de presentación de solicitudes o rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de bande en horario de oficina e na páxina web: www.concellobande.com

