Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BANDE OFERTA DÚAS PRAZAS TEMPORAIS

27 Mar 2017

Son para os postos de "Promotor/a do Patrimonio Municipal" e "Técnic@ de proxectos"

O concello de Bande publica no BOP do 27 de marzo o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, para os servizos denominados “Promotor/a do Patrimonio Municipal” e “Técnic@ de proxectos”. Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal, publican o resumo da convocatoria para a xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1) Denominación dos postos:
1.1) Promotor do Patrimonio Municipal.
1.2) Técnico de proxectos.
2) Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo, coa duración que se especifique no mesmo.
3) Sistema de selección: concurso de méritos.
4) Prazo de presentación de solicitudes: 8 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (27/3/17).
5) Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
6) Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de Bande en horario de oficina e na páxina web www.concellobande.com

Volver