O CONCELLO DE BANDE OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO
Son prazas para "Promotor/a do Patrimonio Municipal” e “Técnico/a de Proxectos Europeos Municipais”
O concello de Bande fixo público no BOP do 24 de maio o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, para os servizos denominados “Promotor do Patrimonio Municipal” e “Técnico de Proxectos Europeos Municipais”. Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal, publica o resumo da convocatoria para a xeral coñecemento e chamamento ao concurso. A denominación dos postos son Promotor do Patrimonio Municipal e Técnico de Proxectos Europeos Municipais. A modalidade de contratación é contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo, coa duración que se especifique no mesmo. O sistema de selección será por concurso de méritos. O prazo de presentación de solicitudes é de 8 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (24/05/17). O lugar de presentación de solicitudes será no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de Bande en horario de oficina e na páxina web www.concellobande.com.

