Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BANDE CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

27 Mar 2021

Faino en catro categorías

O concello de Bande fai público no BOP do 27 de marzo que mediante decreto da alcaldía, con data 23 de marzo de 2021, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Bande e acordou realizar a convocatoria para a presentación de solicitudes. As citadas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedectronica.gal, e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación

Clase de persoal: laboral temporal.

Prazas:
• Auxiliar de axuda no fogar e atención á persoas dependentes.
• Brigada medioambiental.
• Informático
• Limpador/a
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para obra/servizo determinado, coa duración que nel se especifique. Sistema de selección: concurso de méritos. Prazo de presentación de solicitudes: quince días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral do concello (de luns a venres de 08:30 a 14:00 horas) ou a través da sede electrónica do Concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal, así como tamén nos rexistros e oficinas establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódense consultar nas bases específicas da convocatoria, publicadas na sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal ou persoalmente nas oficinas municipais (de luns a venres en horario de 8:30 horas a 14:00 horas).

Volver