Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BANDE CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

29 Xun 2020

O sistema para a selección será por concurso de méritos

O concello de Bande fai pública no BOP do 29 de xuño a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego do concello de Bande. Mediante decreto da alcaldía, con data 16 de abril de 2020, aprobáronse as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Bande e acordouse realizar a convocatoria para a presentación de solicitudes.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazas:
• Auxiliar de axuda no fogar e atención a persoas dependentes.
• Promotor do patrimonio e da historia de Bande.
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por  obra/servizo determinado, coa duración que nel se especifique.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Prazo de presentación de solicitudes: sete días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no
Boletín Oficial da Provincia.
Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral do concello (de luns a venres de 09:00 horas a 14:00 horas) ou a
través da sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal, así como tamén nos rexistros e oficinas establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódense consultar nas bases específicas da convocatoria, publicadas na sede electrónica do Concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal ou persoalmente nas oficinas municipais (de luns a venres en horario de 9:00 horas a 14:00 horas).

Volver