O CONCELLO DE BANDE CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
Oferta postos para a brigada medioambiental, limpador@s, chóferes e pións
O concello de Bande por medio de decreto da alcaldía, con data 16 de abril de 2020, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Bande e acordou realizar a convocatoria e publicala no BOP do 1 de xuño para a presentación de solicitudes.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazas:
• Chofer tractor rozadora
• Pións de oficios varios para a área de servizos públicos básicos
• Brigada medioambiental
• Limpador/a instalacións municipais
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado, coa duración que se especifique neste. Sistema de selección: concurso de méritos. Prazo de presentación de solicitudes: dez días hábiles contados`dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral do concello (de luns a venres de 09:00 horas a 14:00 horas) ou a través da sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal, así como tamén nos rexistros e oficinas establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas. Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódense consultar nas bases específicas da convocatoria, publicadas na sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal ou persoalmente nas oficinas municipais (de luns a venres en horario de 9:00 horas a 14:00 horas).

