Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BANDE CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

04 Mai 2020

As solicitudes realizaranse na sede electrónica do concello

O concello de Bande fai público no BOP do 4 de maio a publicación na súa sede electrónica das bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego nese concello.  Mediante Decreto da Alcaldía, con data 16 de abril de 2020, aprobáronse as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Bande. As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal, e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP). A convocatoria para a presentación de solicitudes realizarase mediante anuncios no BOP, na sede electrónica do concello https://concellobande.sedelectronica.gal e no taboleiro de edictos do concello de Bande

Volver