Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BANDE CREA NOVA BOLSA DE EMPREGO

11 Abr 2022

Son para postos de auxiliar de axuda no fogar

O concello de Bande, mediante decreto da alcaldía, do día 22 de marzo de 2022, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego nese concello e acordou realizar a convocatoria para a presentación de solicitudes. As citadas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedectronica.gal, e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) Clase de persoal: laboral temporal.

Prazas:
• Auxiliar de axuda no fogar e atención á persoas dependentes.
• Programa: Brigada medioambiental.
• Programa: Promotor do patrimonio e da historia de Bande.
Modalidade de contratación: contrato realizados ao amparo da normativa laboral vixente, segundo as necesidades do servizo, coa duración que nel se especifique.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Prazo de presentación de solicitudes: quince días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no
Boletín Oficial da Provincia.
Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral do concello (de luns a venres de 08:30 horas a 14:00 horas) ou a
través da sede electrónica do Concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal, así como tamén nos rexistros e oficinas establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódese consultar nas bases específicas da convocatoria, publicadas na sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal ou persoalmente nas oficinas municipais (de luns a venres. en horario de 8:30 horas a 14:00 horas).

Volver