O CONCELLO DE BANDE ANUNCIA A CREACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE TRABALLO
Trátase de contratacións laborais temporais
O concello de Bande, mediante acordo da Xunta de Goberno Local con data 19 de maio de 2016, aprobou a convocatoria para a presentación de solicitudes para formar parte da bolsa de contratación do concello de Bande para servizo de axuda no fogar e atención a dependentes. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes será de sete días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. As prazas ofertadas serán para auxiliares de axuda no fogar e atención a persoas dependentes. Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódese consultar nas bases da bolsa de emprego publicadas na páxina web do Concello de Bande www.concellobande.com e no taboleiro de edictos municipal.
Do mesmo xeito, ficaron aprobadas as bases de selección para cubrir distintos postos de traballo de persoal laboral temporal e creación dunha bolsa de traballo para o ano 2016. Publican o resumo da convocatoria para a xeral coñecemento e chamamento ao concurso. A denominación dos postos é a seguinte:
1.1) Brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais (por cada brigada: 1 xefe de brigada, 1 peóns-condutores, 2, 3 ou 4 peóns de brigada).
1.2) Brigadas de actuacións múltiples en obras e servizos de competencia municipal e de carácter medioambiental.
1.3) Actividades dirixidas á xuventude.
A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo nos dous primeiros casos e a media xornada para actividades dirixidas á xuventude, coa duración que se especifique nel. O sistema de selección será por concurso de méritos. O prazo de presentación de solicitudes: oito días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. O lugar de presentación de solicitudes será o rexistro xeral do concello,en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
As bases específicas da convocatoria poderán ser consultadas no concello de Bande, en horario de oficina e na páxina web: www.concellobande.com

