Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BANDE ANUNCIA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA DÚAS BRIGADAS CONTRA INCENDIOS

22 Feb 2017

Tamén fai pública a creación dunha bolsa de traballo para diferentes categorías

O concello de Bande publica no BOP do 22 de febreiro dous anuncios convocando diferentes postos. No primeiro fai convocatoria para a contratación de traballador@s para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais e actuación dun vehículo motobomba.

Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir distintos postos de traballo de persoal laboral temporal e creación dunha bolsa de traballo para o ano 2017, publican o resumo da convocatoria:

1) Denominación dos postos:
1.1) Dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais (por cada brigada: 1 xefe de brigada, 1 peón-condutor, 3 peóns de brigada).
1.2) Dous condutores de vehículo motobomba.
2) Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo, coa duración que se especifique nel.
3) Sistema de selección: concurso de méritos.
2) Prazo de presentación de solicitudes: dez días naturais, contados dende o seguinte á publicación no BOP.
3) Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
4) Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de Bande en horario de oficina e na páxina web: www.concellobande.com

No segundo dos anuncios convoca a creación dunha bolsa de emprego do concello de Bande mediante acordo da xunta de goberno local con data 13 de xaneiro de 2017, que aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Bande e acordaron realizar a convocatoria para a presentación de solicitudes para persoal laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais seguintes ao da publicación  da convocatoria no BOP. As prazas son para auxiliar/es de axuda no fogar e atención a persoas dependentes, auxiliar/es administrativo/a para servizos de carácter xeral, limpador/a de instalacións municipais, monitor/a deportivo/a e peón/es de oficios varios para a área de servizos públicos básicos e brigada medioambiental.
Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódense consultar nas bases da bolsa de emprego publicadas na páxina web do concello de Bande www.concellobande.com e no taboleiro de edictos municipal.

SE QUERES DESCARREGAR AS BASES DOS PROCESOS PICA NOS PDF QUE ESTÁN DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA.

Volver